Descrición xeral das aplicacións
Use a aplicación Espertador para establecer varios tipos de alarmas.
Use o seu navegador web para explorar e ver páxinas web, e xestionar
marcadores, texto e imaxes.
Use a aplicación Calculadora para levar a cabo cálculos básicos.
Use a aplicación Calendario para seguir a pista de eventos e xestionar as súas
citas.
Use a cámara para sacar fotos e gravar videoclips.
Use a aplicación Contactos para xestionar os números de teléfono, os
enderezos de correo electrónico e outra información relacionada cos seus
contactos.
Acceda ás súas aplicacións, documentos e imaxes descargados.
Use a aplicación Correo electrónico para enviar e recibir correos electrónicos a
través das súas contas privadas e corporativas.
24
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Use a aplicación Facebook™ para relacionarse nas redes sociais con amigos,
membros da familia e colegas de todo o mundo.
Busque e escoite emisoras da radio FM.
Use a aplicación Álbum para ver e traballar coas súas fotos e vídeos.
Use a aplicación de Gmail™ para ler, escribir e organizar as mensaxes de correo
electrónico.
Busque información no seu dispositivo e na web.
Vexa a súa localización actual, busque outras localizacións e calcule rutas con
Google Maps™.
Vaia a Google Play™ para descargar aplicacións gratuítas e de pago para o seu
dispositivo.
Use a aplicación Mensaxería para enviar e recibir mensaxes de texto e
multimedia.
Use a aplicación Movies para reproducir vídeos no dispositivo e para compartir
contido cos seus amigos.
Use a aplicación Walkman® para organizar e reproducir música, audiolibros e
podcasts.
Vexa novas e predicións do tempo.
Faga chamadas telefónicas marcando o número de xeito manual ou coa función
de marcado intelixente.
Optimice os axustes para adaptalos ás súas necesidades.
Use a aplicación Hangouts™ para conversar con amigos en liña.
Identifique pistas de música que estean soando ao seu redor e coñeza o
intérprete, o álbum e outra información.
Use YouTube™ para compartir e ver vídeos de todo o mundo.
Use a aplicación de asistencia técnica para acceder á atención ao usuario no
dispositivo. Por exemplo, pode acceder á guía do usuario, a información sobre
solución de problemas e tamén a suxestións e trucos.
Descargue e instale novas aplicacións e actualizacións.
Algunhas aplicacións non son admitidas nin se amosan en todas as redes ou operadores en
todas as áreas.
25
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.