Sony Xperia E4g - Axustes xerais da cámara

background image

Axustes xerais da cámara

Descrición xeral dos axustes do modo de captura

Recoñecemento automático de escena

Optimice os axustes para adaptalos a calquera escena.

Manual

Cambie os axustes da cámara de xeito manual.

Cara na foto

Saque fotos usando a cámara frontal e posterior ao mesmo tempo.

Multi cámara

Grave a mesma escena desde varios ángulos nunha única pantalla.

En directo en YouTube

Permite transmitir vídeo en directo a YouTube™.

Efecto RA

Saque fotos con escenas e personaxes virtuais.

Efecto creativo

Aplique efectos a fotos ou vídeos.

Timeshift burst

Seleccione a mellor foto dunha secuencia de imaxes.

Social live

Transmita vídeo en directo a Facebook™.

Varrido panorámico

Saque fotos amplas e panorámicas.

Sound Photo

Saque fotos con son de fondo.

AR fun

Permite reproducir no visor da cámara obxectos virtuais e enriquecer as fotos e vídeos.

Retoque de retrato

Saque fotos con estilos de retrato en tempo real.

79

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Recoñecemento automático de escena

O modo Recoñecemento automático de escena detecta as condicións de disparo e

axusta automaticamente os parámetros para garantir que tira a mellor foto posible.

Modo manual

Use o modo manual cando desexe configurar manualmente os axustes da cámara para

a toma de fotos e vídeos.

Efecto RA

Pode aplicar efectos RA (realidade aumentada) ás súas fotos ou vídeos e facelos máis

divertidos. Ao usar a cámara, este axuste permítelle integrar escenas 3D nas súas fotos

ou vídeos. Só seleccione a escena que desexe e axuste a posición no visor.

Efectos creativo

Pode aplicar distintos efectos nas fotos e vídeos. Por exemplo, pode engadir un efecto

de nostalxia para que as fotos semellen máis antigas ou un efecto de bosquexo para

que a imaxe sexa máis divertida.

Sweep Panorama

Pode tirar fotos amplas e panorámicas desde a dirección horizontal ou vertical dun xeito

premer-e-varrer doado.

Para sacar unha foto panorámica

1

Active a cámara.

2

Pulse e seleccione .

3

Para seleccionar unha dirección de disparo, pulse

.

4

Pulse na pantalla e mova a cámara lentamente e con firmeza na dirección do

movemento que se indica na pantalla.

Timeshift burst

A cámara tira unha secuencia de 31 fotos nun intervalo de dous segundos, un segundo

antes e despois de pulsar o botón da cámara na pantalla. Así, pode volver e buscar a

imaxe perfecta.

Para usar Timeshift burst

1

Active a cámara.

2

Pulse e seleccione .

3

Sacar fotos. As fotos sacadas aparecen en miniaturas.

4

Desprácese polas miniaturas e seleccinoe a foto que desexa gardar e, a

continuación, pulse .

Social live

Social live é un modo de disparo da cámara que lle permite transmitir en secuencias

vídeo en directo na súa páxina de Facebook™. Só necesita ter unha conexión activa á

Internet e ter iniciada a sesión en Facebook™. Os vídeos poden ter ata 10 minutos.

Para emitir video en directo usando Social live

1

Active a cámara.

2

Pulse e seleccione .

3

Inicie sesión na súa conta de Facebook™.

4

Pulse para iniciar a emisión.

5

Para tirar unha foto durante a emisión, pulse .

6

Para deter a emisión, pulse .

80

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Opción "Face in"

Pode usar o modo "Face in" para activar as cámaras dianteira e principal ao mesmo

tempo, para que podas sacar unha foto de ti mesmo co obxecto.

Modo de cámara múltiple

O modo de cámara múltiple permítelle facer fotos nas que se combinen imaxes de dous

ángulos e dispositivos diferentes. Verá dúas imaxes no visor da cámara do dispositivo:

unha da súa propia cámara e outra dun dispositivo Xperia™ conectado ou dunha

cámara de Sony que admita NFC e a tecnoloxía Wi-Fi direct. A continuación, pode editar

o que ve no visor antes de tirar unha foto.
Así, por exemplo, se está nun concerto e quere tirar unha foto na que se combinen unha

vista do grupo desde un ángulo e unha vista do público desde outro ángulo, pode usar

o modo de cámara múltiple para obter o mellor efecto.
Pode axustar o modo de cámara múltiple usando NFC, que inicia a asociación dos dous

dispositivos mediante a tecnoloxía Wi-Fi. É preciso que os dous dispositivos sexan

compatibles con NFC.

O modo de cámara múltiple non está dispoñible en todos os países.

Para usar o modo de cámara múltiple

1

Acenda as funcións NFC nos dous dispositivos que desexa conectar.

2

Active a cámara no seu dispositivo.

3

Pulse e seleccione .

4

Nas pantallas dos dous dispositivos pulse .

5

Faga que se toquen as áreas de detección de NFC dos dous dispositivos. Agora

conectaranse os dous dispositivos usando a tecnoloxía Wi-Fi direct.

6

Unha vez conectados os dous dispositivos, no visor do seu dispositivo aparecen

dúas imaxes, unha do visor da súa cámara e outra do visor do dispositivo

conectado.

7

Para editar as imaxes no seu visor, pulse

.

8

Edite as imaxes como desexe. Por exemplo, pode tocar e manter unha imaxe, e

arrastrala ao outro lado do visor para cambiar a orde.

9

Cando remate a edición e estea preparado para capturar a imaxe final

combinada, pulse

Feito > .

Retocar retratos

Use esta característica para aplicar efectos de retoque ás fotos de retratos mentres as

tira para garantir os mellores resultados.

Para usar a característica Retocar retratos

1

Active a cámara.

2

Pulse e logo, .

3

Para amosar o selector de estilos, pase o dedo cara a arriba na pantalla e logo

seleccione un estilo de retrato para as súas fotos.

4

Para ocultar o selector de estilos, pulse a pantalla ou pase o dedo cara a abaixo.

5

Para amosar o selector de marcos, pase o dedo cara á esquerda e despois

seleccione un marco decorativo.

6

Para ocultar o selector de marcos, pulse a pantalla da cámara ou pase o dedo

cara á dereita.

Descargar aplicacións da cámara

Pode descargar aplicacións para a cámara de balde o de pago desde Google Play™ ou

desde outras fontes. Antes de comezar a descargar, asegúrese de que ten conexión a

Internet, preferiblemente con Wi-Fi® para limitar os custos por tráfico de datos.

81

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para descargar aplicacións para a cámara

1

Abra a aplicación da cámara.

2

Pulse e logo

DESCARGABLE.

3

Seleccione a aplicación que desexa descargar e siga as instrucións para rematar

a instalación.

Inicio rápido

Use os axustes de Inicio rápido para iniciar a cámara cando a pantalla estea bloqueada.

Só iniciar

Logo de arrastrar cara arriba, iníciase a cámara principal desde o modo de suspensión.

Iniciar e capturar

Logo de arrastrar cara arriba, iníciase a cámara fixa desde o modo de suspensión e se tira unha foto.

Iniciar e gravar vídeo

Logo de arrastrar cara arriba, iníciase a videocámara desde o modo de suspensión e comeza a
gravación.

Desactivado

Xeoetiquetado

Etiquete fotos cos detalles do lugar onde se sacaron.

Captura táctil

Identifique unha zona de enfoque e logo toque a pantalla da cámara co dedo. A foto

tírase en canto levanta o dedo.

Son

Escolla activar ou desactivar o son de foto.

Almacenamento de datos

Pode escoller gardar os seus datos tanto nunha tarxeta SD extraíble como no

almacenamento interno do seu dispositivo.

Almacenamento interno

As fotos ou vídeos se gardan na memoria do dispositivo.

Tarxeta SD

As fotos ou vídeos se gardan na tarxeta SD.

Balance de brancos

Esta función axusta o balance de cor segundo as condicións de iluminación. O axuste

do balance de brancos está dispoñible na pantalla da cámara.

Automático

Axusta o balance de cor de xeito automático segundo as condicións de iluminación.

Incandescente

Axusta o balance de cor en condicións de iluminación cálidas, como baixo lámpadas de luz.

Fluorescente

Axusta o balance de cor para a iluminación fluorescente.

Sol

Axusta o balance de cor para exteriores con ceo soleado.

Nubrado

Axusta o balance de cor para ceos nubrados.

Este axuste só está dispoñible no modo de captura

Manual.

82

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.