Compartir a conexión móbil de datos
Pode compartir a conexión móbil de datos do dispositivo cun ordenador usando un
cable USB. Este proceso chámase uso do móbil como router por USB. Tamén pode
compartir a conexión de datos do dispositivo con ata oito dispositivos ao mesmo tempo
se converte o seu dispositivo nun lugar de conexión Wi-Fi® portátil. Cando a conexión
de datos do dispositivo se comparte correctamente, os dispositivos que comparten
poden usar a conexión de datos do seu dispositivo, por exemplo, para navegar pola
Internet, descargar aplicacións ou enviar e recibir correos electrónicos.
É posible que teña que preparar o seu ordenador para establecer una conexión de rede a
través do cable USB. Vaia a android.com/tether para obter a información máis actual.
Para compartir a conexión de datos usando un cable USB
1
Desactive todas as conexións por cable USB ao dispositivo.
2
Co cable USB fornecido co seu dispositivo, conecte o dispositivo a un ordenador.
3
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
4
Localice e pulse
Axustes > Máis... > Móbil como router e punto con. port..
5
Marque a caixa de verificación
Uso do móbil como router USB., despois pulse
Aceptar se se lle pide. amósase na barra de estado cando estea conectado.
6
Para deixar de compartir a súa conexión de datos, desmarque a caixa de
verificación
Uso do móbil como router USB ou desconecte o cable USB.
Non pode compartir a conexión de datos do seu dispositivo e a tarxeta SD cun cable USB ao
mesmo tempo.
Para usar o dispositivo como un punto de conexión Wi-Fi® portátil
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Máis... > Móbil como router e punto con. port..
3
Pulse
Axust. de punto de conex. Wi-Fi port. > Configurar punto de conexión Wi-
Fi.
4
Introduza a información de
Nome de rede (SSID).
5
Para seleccionar un tipo de seguridade, pulse o campo
Seguridade. Se é
necesario, introduza un contrasinal.
6
Pulse
Gardar.
7
Pulse e marque a caixa de verificación
Lug. conex. Wi-Fi port..
8
Se se lle pide, pulse
Aceptar para confirmar. aparece na barra de estado cando
o punto de conexión portátil Wi-Fi® estea activo.
9
Para deixar de compartir a súa conexión de datos mediante Wi-Fi®, desmarque a
caixa de verificación
Lug. conex. Wi-Fi port..
Para renomear ou fixar o seu lugar de conexión portátil
1
Desde a Pantalla de inicio pulse .
2
Localice e pulse
Configuración > Máis... > Móbil como router e punto con. port..
3
Pulse
Axust. de punto de conex. Wi-Fi port. > Configurar punto de conexión Wi-
Fi.
4
Introduza o
Nome de rede (SSID) da rede.
5
Para seleccionar un tipo de seguridade, pulse o campo
Seguridade.
6
Se é necesario, introduza un contrasinal.
7
Pulse
Gardar.