Sony Xperia E4g - Cargar o dispositivo

background image

Cargar o dispositivo

O dispositivo ten unha batería incorporada que se pode recargar e que só debe

substituír Sony ou un centro de reparación autorizado por Sony. Non tente nunca abrir

ou desmontar este dispositivo vostede mesmo. Abrir o dispositivo pode provocar danos

que anularán a garantía.
O dispositivo subminístrase de fábrica coa batería parcialmente cargada. En función do

tempo que pasara empaquetado antes da compra, o nivel de carga pode ser moi baixo.

Polo tanto, é recomendable cargar a batería polo menos 30 minutos antes de acender o

dispositivo por vez primeira. Pode seguir usando o dispositivo mentres se está a cargar.

Lea máis sobre a batería e como mellorar o rendemento en

Batería e xestión da enerxía

na páxina 120 .

Para cargar o dispositivo

1

Enchufe o cargador nun enchufe.

2

Enchufe un extremo do cable USB no cargador (ou no porto USB dun

ordenador).

3

Enchufe o outro extremo do cable no porto micro USB do dispositivo, co símbolo

de USB mirando cara arriba. A luz de notificación acéndese ao comezar a cargar.

4

Cando o dispositivo estea completamente cargado, desconecte o cable do

dispositivo tirando del cara a fóra sen torcelo. Asegúrese de non dobrar o

conector.

Se a batería está completamente descargada, poden pasar uns minutos antes que a luz de

notificación se acenda a apareza a icona de carga .

Estados da luz de notificación da batería

Verde

O nivel de carga da batería é superior ao 90%

Vermello intermitente

A batería está a cargar e o seu nivel de carga é inferior ao 15%

Laranxa

A batería está a cargar e o seu nivel de carga é inferior ao 90%

11

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.